Km0. Visitan a Fundación TIC estudantes do colexio Cervantes
O programa km0 permitiu os alumnos do CIP Cervantes descubrir o traballo que se está a realizar nas instalacións da Fundación TIC
Rapaces do colexio Cervantes de Lugo, tras visitar a Deputación, coñeceron a labor desenvolvida no Centro de Produción de Programas da TIC. Alí percorreron os dous platós e coñeceron tódolos medios cos que conta a Fundación.
A segunda parte da viaxe desenvolveuse en Viveiro, onde pasearon polos eucaliptos de Chavín, o monte de San Roque e o monasterio de Valdeflores. Todo elo forma parte de programa km0 da Deputación de Lugo.