km0. Os alumnos do centro Santome do Carballo de Taboada visitan a TIC
Os estudantes do Centro Público Integrado Santome do Carballo de Taboada visitaron a TIC para coñecer de preto o traballo realizado nestas instalacións adicadas a produción de programas
Esta visita está englobada no programa km0, desenvolvido pola Deputación de Lugo para que tódolos colectivos interesados coñezan as instalacións pertencentes a este organismo provincial e outros lugares de interese.
Tras percorrer os 2 platós os mozos, de entre 8 e 12 anos, almorzaron en Ribadeo. Logo embarcaron no muelle de Porcillán, subiron no ascensor panorámico e visitaron o convento das Clarisas.