km0. Veciños do concello de Rábade visitan a TIC
Seguindo coas visitas promovidas pola Deputación de Lugo mediante o programa Km0, xa na súa terceira edición, varios veciños de Rábade coñeceron de preto o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC
Uns 24 veciños de Rábade elixiron a ruta a cabalo dentro da iniciativa km0 para achegarse e coñecer máis de preto a provincia. Ademais achegáronse as instalacións da Deputación de Lugo, visitaron o Pazo de San Marcos, sede da Deputación e a Fundación TIC, onde coñeceron o interior do mundo da televisión.
Despois trasladáronse a Meira onde xantaron e logo realizaron unha ruta a cabalo pola serra de Meira onde puideron desfrutar deste entorno medioambiental único da provincia.