Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

16/12/2016

A Fundación TIC gravará o concerto Unha viaxe pola Ópera e a Zarzuela que patrocina a Deputación


-Trátase dun concerto de música coral polifónica inédito en Lugo con cerca de duascentas voces dos catro coros lucenses que dirixe Fernando Gómez Jácome

-A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistirá á actuación que terá lugar este sábado, no Círculo das Artes, ás 20.00 horas, con entrada libre


Un equipo de bolseiros e profesionais da Fundación TIC gravará este sábado, día 17 de decembro, un concerto de música coral polifónica inédito en Lugo, que patrocina a Deputación. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, asistirá ao concerto titulado Unha viaxe pola Ópera e a Zarzuela, que se celebrará no Círculo das Artes, ás 20.00 horas, con entrada libre.

Para a actuación, formouse un coro integrado por cerca de duascentas voces, que foron seleccionadas nas catro agrupacións lucenses que dirixe Fernando Gómez Jácome. Trátase de Sólo Voces, Coral Polifónica do Hospital Xeral-Calde, Lugh e Cantar Delas, organizadoras do evento musical. A gravación, que terá lugar no Círculo das Artes, levarase a cabo con tres cámaras que recollerán a actuación íntegra, para a posterior edición dun DVD.

11 meses de traballo

A preparación do concerto comezou no mes de xaneiro deste ano, coa colaboración altruísta dos membros dos coros participantes neste proxecto pioneiro na provincia, que coordina Julio Méndez.

A actuación comprende dúas partes diferenciadas dedicadas aos dous xéneros musicais, a ópera e a zarzuela. Haberá interpretacións de solistas, dúos, tríos, coros de homes, de mulleres, solos con acompañamento de coros, e coro en pleno. O acompañamento musical será co piano acústico de Aurelio Chao.



A achega da TIC

A Fundación TIC mantén convenio de colaboración coas agrupacións corais que organizan Unha viaxe pola Ópera e a Zarzuela, ademais de co Círculo das Artes. No marco destes acordos, a TIC realizou diferentes traballos audiovisuais para difundir o seu labor a prol da cultura na provincia.

O programa inclúe as seguintes obras líricas, tráxicas e cómicas:

Ombra mai fu (Serse) G. F. Haendel
Sous le dôme épais (Lakmé) L. Delibes
Terzettino (Cosí fan tutte) W. A Mozart
O mio babbino caro (Gianni Schicchi) G. Puccini
Coro degli zingari (Il Trovatore) G. Verdi
Casta diva (Norma) V. Bellini
Coro degli schiavi ebrei (Nabuco) G. Verdi
Coro de doctores (El rey que rabió) R. Chapí
Coro de barquilleros (Agua, azucarillos y aguardiente) F. Chueca
Coro de repatriados (Gigantes y cabezudos) Fernández Caballero
Donde estarán nuestros mozos (La del soto del parral) Soutullo y Wert
Entrada de Lamparilla (El barberillo de Lavapiés) F.A. Barbieri
Entrada de Paloma (El barberillo de Lavapiés) F.A. Barbieri
Caleseras de Lavapiés (El barberillo de Lavapiés) F.A. Barbieri
Soledad (La verbena de La Paloma) R. Chapí
Habanera (Don Gil de Alcalá) M.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet