Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

30/09/2016

Alumnos da TIC gravan este venres a VII Noite Aberta como primeira práctica nun escenario real este curso


-Estudantes de 2º gravarán o Gran Desfile, presentado un ano máis por Lucía Pérez, e un equipo da TIC realizará unha reportaxe da festa na que participan preto de 90 comercios

-Esta colaboración da Fundación TIC coas Autónomas de Lugo súmase a outras como a Feira Outlet ou o Mercado na Rúa-Street Market

A Fundación TIC da Deputación colabora un ano máis na Noite Aberta Open Night, que organiza a Asociación de Autónomas este venres 30 de setembro, de 17:00 a 00:00 horas, coa participación de preto de 90 comercios do centro da cidade de Lugo.

Alumnos e alumnas de 2º da Escola de Imaxe e Son (EIS), baixo a supervisión de docentes, serán os encargados de gravar o Gran Desfile, que presentará un ano máis a artista lucense Lucía Pérez. Será a primeira práctica nun escenario real do alumnado neste curso 2016-2017, dentro dos módulos de Realización de Televisión e de Montaxe e Posprodución. Neste caso, os estudantes realizarán unha gravación multicámara e posteriormente editarán as imaxes nun DVD.

Ademais, un equipo da TIC elaborará unha reportaxe da festa do comercio lucense na que, ademais do desfile, haberá importantes descontos en produtos de téxtil, calzado ou complementos así como actuacións musicais e sorpresas nos locais participantes.

A TIC co comercio da provincia

A colaboración coa organización da Noite Aberta enmárcase na aposta da Fundación TIC a prol da actividade comercial e dos autónomos da provincia. Neste caso, o apoio da TIC súmase ao doutras iniciativas como a Feira Outlet ou o Mercado na Rúa-Street Market.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet