km0. Veciños de O Corgo visitaron a Fundación TIC
Máis de cincuenta veciños de O Corgo participaron no programa Km0, realizado pola Deputación de Lugo para promocionar a provincia de Lugo entre os propios lucenses e para achegalos a tódolos lugares únicos que posue a nosa provincia
Os asistentes de tódalas idades, entre 15 e 80 anos, son membros da `Asociación de Veciños Cela Pontedeneira' de O Corgo e elixiron a ruta Ría de Ribadeo. Antes de desprazarse ata A Mariña coñeceron de primeira man a Deputación, cunha visita ao Pazo de San Marcos e logo a Fundación TIC, onde viron dende dentro o mundo do audiovisual e coñeceron a labor da Escola de Imaxe e Son e do Centro de Produción de Programas.
Despois xantaron en Ribadeo, percorreron a ría en barco e visitaron o casco histórico desta vila.