Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

22/04/2016

A TIC emitirá por streaming os Campionatos Galego de Atletismo para Clubs e de España de 1ª División de Atletas Feminina

  • archivos/fotos/grandes/2875_TIC-CAMPEONATO DE ATLETISMO.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2875_TIC-CAMPEONATO DE ATLETISMO 2.jpg








-O Campionato Galego celebrarase en Lugo o 23 de abril e o de España, o 30. Poderán seguirse en directo a través da www.fundaciontic.org e posteriormente verse na canle de YouTube da TIC

-Álvaro Santos confía en que “se superen os máis de 1.500 seguidores en directo do streming
do Campionato Galego de Clubs celebrado en Lugo hai dous anos”

-As dúas probas terán lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera e reunirán na cidade amurallada un total de 800 deportistas de toda Galicia, Asturias e Madrid


A Fundación TIC emitirá en directo na súa web www.fundaciontic.org dúas destacadas citas deportivas que se celebrarán nos vindeiros días no estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo: o Campionato Galego de Atletismo para Clubs, que terá lugar este sábado 26 de abril, e o Campionato de España de 1ª División de Atletas Feminina, o 30 de abril.

Un equipo de bolseiros e profesionais da TIC será o encargado da emisión, na que se empregarán tres cámaras e o material necesario para a realización por streaming. Todos interesados tamén poderán ver posteriormente as probas na canle de Youtube da TIC.

O patrón da TIC Álvaro Santos lembrou que esta será a segunda vez que a Fundación emitirá por streaming o Campionato Galego para Clubs. “Hai dous anos xa colaboramos coa Federación Galega de Atletismo na difusión desta actividade, con máis de 1.500 seguidores en directo a través de Internet. Unha cifra que, con toda probabilidade, superaremos amplamente xa que tamén emitiremos, neste caso por primeira vez, o Campionato de España de 1ª División Feminina”.

Álvaro Santos fixo estas declaracións este xoves na presentación das dúas campeticións, na que tamén participaron o Delegado da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel Fernández, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o delegado da Federación en Lugo, Pablo Gandoy, e a presidenta do Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, EriKa Arribas.

800 atletas en Lugo

No Campionato Galego para Clubs participarán un total de 8 equipos masculinos e femininos, e no Campionato de España de 1ª División, 4: Lucus Rural, Celta de Vigo, Oviedo e Alcorcón. En total, a cidade de Lugo acollerá uns 800 atletas de toda Galicia, Asturias e Madrid.

O representante da TIC, que será o encargado de entregar un dos premios o vindeiro sábado, dixo que “con esta colaboración contribuímos a que o deporte de elite serva de exemplo aos máis pequenos e se incentive a súa práctica entre a poboación en xeral. Ademais daremos unha maior proxección a Lugo e a súa provincia, xa que as competicións poderán seguirse desde calquera punto, e moi especialmente desde o lugares de procedencia dos clubs participantes”.

Santos tamén destacou que a importancia de que “os nosos bolseiros realicen unha práctica nun escenario real e empregado o streaming, que cada vez está a ter unha maior demanda no mercado audiovisual para a emisión en directo de todo tipo de acontecementos”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet