km0. Visita a Fundación TIC un grupo de veciños da Aldea de Labrada, Guitiriz
No marco das visitas do programa km0, os veciños de Labrada (Guitiriz) puideron descubrir o traballo que se está a realizar na Fundación TIC
Grazas á iniciativa km0 varios veciños de Lugo puideron coñecer de preto a sede da Deputación no Pazo de San Marcos e o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC. Ademais realizaron unha das rutas propostas no programa KmO, a elixida foi a ruta da Illa Pancha.
Dende Lugo trasladándose a Rinlo onde comeron. Tras a comida visitaron a Illa Pancha e deron un paseo ata o castelo de San Damián e visitaron o casco histórico de Ribadeo
Máis información sobre km0