km0. Un colectivo de pensionistas e xubilados da UGT de Lugo visitou a Fundación TIC
No marco das visitas do programa km0, varios veciños de Lugo puideron descubrir o traballo que se está a realizar na Fundación TIC
Grazas á iniciativa km0 pensionistas e xubilados da UGT de Lugo puideron achegarse os centros da Deputación. Primeiro foron recibidos na sede da Deputación, no Pazo de San Marcos e logo trasladáronse ata o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.
Este colectivo tamén elixiu realizar unha das rutas de km0, neste caso a de Negueira de Muñiz, que fixeron pola tarde tras xantar na Fonsagrada. Puideron pasear pola área recreativa do encoro de Salime pertencente a Rede Natura 2000 en Negueira de Muñiz e visitaron o museo de Fonsagrada.
Máis información sobre km0