O director de Clases de lo social imparte este martes na EIS unha masterclass sobre dirección de webseries
-Pablo Cacheda manterá un encontro con alumnos, titulados, docentes e técnicos dentro do convenio asinado entre a Fundación TIC e CREA
A Escola de Imaxe e Son acolle esta martes 10 de novembro unha masterclass sobre dirección de webseries a cargo de Pablo Cacheda, director de Clase de los Social, pioneira no seu xénero e finalista aos Premios Mestre Mateo.
Esta actividade formativa, que se desenvolverá de 17:00 a 20:00 horas, forma parte do convenio asinado entre a Fundación TIC e a Asociación de Directores Realizadores de Galicia (CREA) así como do programa de formación complementaria destinada a alumnos e titulados, docentes e técnicos da TIC.
Un referente na internet
Pablo Cacheda, natural de Pontevedra, formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña e completou os seus estudos con outros cursos especializados de montaxe, guión ou SteadyCam. Dende o ano 2009 alterna traballos en diferentes produtoras e como freelance, coa realización de curtametraxes.
Unha destas curtas Unhas clases do social a tempo deu lugar a web serie Clases de lo social, todo un referente na internet. En clave de comedia esta produción recolle situacións cotiáns dun profesorado moi peculiar.