Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

03/11/2015

A Fundación TIC apoia o lanzamento da webserie Pink realizada por alumnos e titulados da EIS



-Álvaro Santos salienta que “introducimos aos nosos alumnos nos novos formatos audiovisuais para potenciar o seu talento, na procura da súa inserción laboral”

-Gato Final, o equipo responsable da produción, contou coa asistencia técnica e o asesoramento da TIC


O patrón da Fundación TIC e Deputado, Álvaro Santos, participou xunto aos responsables da produción na estrea de “Pink”, a nova webserie de Gato Final, que acolleu este sábado o Pazo de San Marcos. O acto, aberto ao público, contou coa participación do equipo da rodaxe, dos alumnos e docentes da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS).

Na presentación, Santos gabou o traballo desenvolvido polo equipo de “Pink”, ao tempo que salientou “o respaldo da TIC a proxectos coma este xerados por estudantes e titulados da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual”. O equipo responsable da produción contou coa asistencia técnica e o asesoramento da Fundación TIC.

O responsable provincial lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é a inserción laboral dos nosos alumnos, e as miniseries para internet son un formato idóneo para os que comezan profesionalmente no audiovisual”. “Na EIS introducimos aos estudantes nos novos xéneros e formatos audiovisuais co fin de potenciar o seu talento e creatividade”, engadiu Santos.


Primeiros capítulos

“Pink” mestura os xéneros do terror e acción coa comedia, co fin de achegar ao espectador a súa propia visión da apocalipse. Os responsables da produción pretenden ridiculizar os clixés deste tipo de cine.

A webserie consta de tres capítulos cunha duración total duns 20 minutos, que se rodaron o pasado verán en diferentes localizacións en Lugo. Se a reposta da audiencia é favorable, Gato Final pretende rematar o resto da tempada con financiamento local ou a través do crowfounding.

O equipo de Gato Final é o creador doutras dous series para internet apoiadas pola Fundación TIC, ”Haters” que concorreu aos últimos premios Mestre Mateo, e “No soy como Tú”, en cuxa rodaxe participaron unha vintena de alumnos e titulados da EIS.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet