SEMANA DO GUIÓN
En base ao convenio asinado entre a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e a Fundación TIC, na semana do 3 ao 6 de novembro de 2015, a Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC estará aberta a alumnos, ex-alumnos, técnicos, profesores e persoal da Fundación TIC, así como ao público en xeral, previa inscrición, para a impartición de varias masterclass enmarcadas dentro da “SEMANA DO GUIÓN”, entre as 17 horas e as 20 horas.
As masterclass, que serán totalmente gratuítas, serán as seguintes:
- Martes, 3 de novembro: Guión de Webseries a cargo de Enrique Lojo (https://goo.gl/XUc09x)
- Mércores, 4 de novembro: Guión de programas de televisión a cargo de Ángel Suánzes (https://goo.gl/6cVbyX)
- Xoves, 5 de novembro: Guión no Branded a cargo de Adolfo Ponte (https://goo.gl/NZGesv)
- Venres, 6 de novembro: Ficción en televisión a cargo de X.A. Cascudo (https://goo.gl/87qCL5)
INSCRICIÓNS:
•Enviando un mail a victoria.eis@fundaciontic.org indicando nome, teléfono, e-mail e masterclass ás que lle gustaría asistir.
•O prazo de inscrición rematará o día 2 de novembro de 2015.
•Prazas limitadas