Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

14/09/2015

A Escola de Imaxe e Son arranca este martes o novo curso con todas as prazas cubertas por oitavo ano consecutivo

  • archivos/fotos/grandes/2577_D77K1517[1].JPG

  • archivos/fotos/grandes/2577_D77K1489[1].JPG

  • archivos/fotos/grandes/2577_D77K1507[1].JPG







-Este luns tivo lugar a presentación aos alumnos, que coñeceron a docentes e técnicos e percorreron as instalacións onde recibirán a súa formación teórica e práctica

A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC (EIS), entidade dependente da Deputación, arranca este martes 15 de setembro o curso académico 2015-2016. Este luns tivo lugar o acto de presentación, no que os alumnos coñeceron ao profesorado, aos técnicos e as instalacións, tanto da Escola como do Centro de Produción de Programas (CPP), onde recibirán a súa formación teórica e práctica.

Nesta primeira toma de contacto, os estudantes percorreron os platós, as salas de realización, son e edición e demais dependencias nas que a TIC desenvolve o seu traballo, e recibiron explicacións tanto dos dous ciclos que imparte a EIS como do labor da Fundación a prol da provincia.

Todas as prazas cubertas
O curso 2015-2016 comeza coas 44 prazas de primeiro dos Ciclos Superiores de Realización e Produción cubertas. Este é o oitavo ano consecutivo que a Escola da TIC completa a matriculación, e con lista de espera no apartado de Realización. Ademais a matrícula volveu ser de balde, agás para os repetidores.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet