Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

18/05/2015

200 maiores da provincia viaxaron por todo o mundo coas TIC na xornada formativa do InLugo no Día de Internet

  • archivos/fotos/grandes/2446_150515 INLUGO.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2446_150515 INLUGO1.jpg







-Viaxe a mil e un lugar coas TIC incluíu conexións con Gayoso, Lucía e Torreiglesias, e actividades con Google Earth, Street View, fotos con croma, skype e webcams
-A Vicepresidenta Segunda e o Alcalde de Lugo compartiron cos asistentes esta iniciativa enfocada a aprender a viaxar virtualmente dun xeito lúdico e doado
-Alumnos e bolseiros da Fundación TIC tamén participaron nas viaxes virtuais cos maiores con conexións online dende varios puntos do centro de Lugo

Uns 200 maiores da provincia participaron este venres na xornada formativa Viaxe a mil e un lugar coas TIC, coa que o InLugo, que xestiona a Fundación TIC dependente da Deputación, celebrou o Día Mundial de Internet. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco, compartiron cos asistentes esta iniciativa, enfocada a ensinar ás persoas de máis de 55 anos como poden realizar viaxes virtuais dun xeito lúdico e doado.

Un dos pratos fortes desta xornada especial, que se suma ao amplo programa formativo que o InLugo desenvolve ao longo do ano en toda a provincia, foron as conexións en directo, vía skype, co presentador do programa Luar da TVG, Xosé Ramón Gayoso, a cantante Lucía Pérez e o comunicador especialista en programas de saúde, Manuel Torreiglesias. Grazas ás TIC, os maiores puideron conversar con estes tres coñecidos personaxes, malia estar a moitos quilómetros de distancia.

Sorprendidos e divertidos
Os maiores que se achegaron á sede do InLugo foron moi activos en todas as actividades. Entre as máis divertidas, as fotos con croma nas que aparecen en lugares tan dispares como as pirámides de Exipto ou o Amazonas, e que puideron levar como recordo en formato papel e dixital; tamén o xogo oline con conexións en directo con diversos puntos da cidade, que lles permitiu falar, por exemplo, con turistas que visitaban a muralla.

Tamén lles sorprendeu a posibilidade de explorar calquera punto do mundo con programas informáticos como Gooble Earth y Street View ou ver en directo, grazas as webcams, o que estaba pasando nese mesmo momento en lugares como Roma ou París.

Alumnos e maiores compartiron viaxe
As actividades, que foron impartidas por docentes do InLugo e técnicos da TIC, contaron coa participación de bolseiros e alumnos da Escola de Imaxe e Son. Eles foron os encargados de realizar as conexións en directo desde as rúas de Lugo, como práctica nun escenario real. Ademais os alumnos de 1º de Produción gravaron imaxes e entrevistas para elaborar unha reportaxe de televisión dentro dos módulos de Planificación de Proxectos Audiovisuais e Medios Técnicos Audiovisuais.

A xornada formativa, que está incluída na encomenda de xestión da Deputación á Fundación TIC “Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia”, tamén incluíu almorzos e merendas saudables, con degustación de produtos de Lugo. Amosouse aos asistentes como mercar eses produtos a través en internet.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet