Gayoso, Torreiglesias e Lucía participarán vía skype nunha xornada formativa do InLugo con motivo do Día de Internet
-Viaxe a mil e un lugar coas TIC desenvolverase este venres en horario de 10:30 a 13:30 e 16:30 a 19:30 horas, e esta dirixida aos maiores de 55 anos da provincia
-Inclúe diversas actividades con Google Earth, croma, skype ou webcams, impartidas por docentes e técnicos, nas que os asistentes aprenderán de xeito lúdico e sinxelo
-A xornada terá lugar na sede do InLugo e na Praza de Abastos e principais rúas do centro da cidade con conexións online
O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC dependente da Deputación, adianta a este venres a celebración do Día Mundial de Internet 2015 coa xornada formativa Viaxe a mil e un lugar coas TIC. Esta iniciativa inclúe diversas actividades dirixidas aos maiores de 55 anos da provincia, enfocadas á aprenderlles dun xeito lúdico e sinxelo como realizar viaxes virtuais. Haberá conexións a través de skype co presentador da TVG, Xosé Ramón Gayoso, a cantante do Incio, Lucía Pérez, e o presentador de programas relacionados coa saúde, Manuel Torreiglesias. Tamén aprenderán, por exemplo, a usar o Google Earth, como se fai unha foto con croma ou como se conecta con calquera parte do mundo grazas ás webcams.
As actividades serán impartidas por docentes do InLugo e técnicos da TIC, coa participación de bolseiros da Escola de Imaxe e Son. Ademais, aproveitando esta xornada, os alumnos de 1º de Produción da EIS gravarán imaxes e realizarán entrevistas para a elaboración dunha reportaxe de televisión como práctica dos módulos de Planificación de Proxectos Audiovisuais e Medios Técnicos Audiovisuais.
Tres espazos para viaxar de xeito virtual
A xornada desenvolverase ao longo de todo o venres na sede do InLugo, na rúa Frei Plácido Rey Lemos, en horario de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas. Haberá tres espazos con diversas actividades, nas que os asistentes participarán de xeito activo.
Na Sala 1: Exporando mundos virtuais, cos programas informáticos Gooble Earth y Street View; A volta ao mundo en 80 webs, con links a 80 lugares que conten con webcams que ofrezan en tempo real imaxes de lugares dispares de todo o mundo; e Lembrando a túa viaxe, onde poderán inmortalizar a súa visita virtual nunha fotografía con croma.
Na Sala 2: Zona de impresión, na que os asistentes levarán a súa foto nun marco de cartón conmemorativo do Día de Internet e en formato dixital nun pendrive; Descubrindo a cidade, un xogo online, con dúas unidades móbiles, unha na Praza de Abastos e outra percorrendo o centro da cidade, coas que se conectará en directo.
Nesta mesa sala, pero xa pola tarde, Conexións en internet con... no que os maiores poderán falar vía skype con tres populares personaxes: ás 17:00 horas co presentador do programa Luar da TVG, Xosé Ramón Gayoso; ás 17:30 coa eurovisiva Lucía Pérez; e ás 18:00, co presentador e especialista en programas relacionados coa saúde, Manuel Torreiglesias.
As viaxes terán unha parada a media mañá e a media tarde. Para isto, na terraza do InLugo, ofrecerase café, zumes, auga e degustación de produtos de Lugo. Amosaranse aos asistentes como poden comprar eses produtos a través en internet. Esta xornada formativa está incluída na encomenda de xestión da Deputación á Fundación TIC “Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia”.