Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

25/03/2015

O InLugo presenta en Becerreá a web do programa Memoria Dixital Tic-Tac

  • archivos/fotos/grandes/2343_MedioBanerTicTac.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2343_IMG_6261.JPG

    foto 1

    foto 1
  • archivos/fotos/grandes/2343_IMG_6259.JPG

    foto 2

    foto 2
  • archivos/fotos/grandes/2343_IMG_6270.JPG

    foto 3

    foto 3
  • archivos/fotos/grandes/2343_IMG_6286.JPG

    foto 4

    foto 4







-Manuel Martínez entregou, no Fogar Residencial O Cereixal, os diplomas aos 12 maiores participantes no programa da Deputación xestionado pola Fundación TIC para fomentar o envellecemento activo a través das novas tecnoloxías
-A web www.tictaclugo.es, xa dispoñible, recolle o 1º banco audiovisual de recordos da provincia, gravado nos 10 obradoiros celebrados en varios concellos lugueses
-Os maiores de Viveiro recibirán este xoves os seus diplomas e nas vindeiras semanas entregaranse os derradeiros aos participantes dos concellos de Portomarín e O Incio

O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC, presentou este martes en Becerreá a páxina web do programa Memoria Dixital Tic-Tac, que recolle o primeiro banco audiovisual online de recordos de maiores da provincia: www.tictaclugo.es.

A presentación tivo lugar no Fogar Residencial O Cereixal, onde o Deputado de Xestión Territorial e Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, fixo entrega dos diplomas acreditativos aos 12 maiores da localidade que participaron no programa. Martínez valorou a iniciativa e destacou que grazas a ela “preservamos e compartimos o legado da nosa comarca mantendo viva as historias e recordos dunha xeración de lugueses que superaron o medio século de vida”. Nesta liña, subliñou que o programa serviu “para introducir aos participantes no mundo das novas tecnoloxías, xa que foron eles os que gravaron cunha tablet as súas propias experiencias e aprenderon a manexar este tipo de dispositivos, tan correntes hoxe no noso día a día”.

Próximas entregas de diplomas e DVDs
Memoria Dixital Tic-Tac constou dun total de 10 obradoiros, que se desenvolveron, xunto co de Becerreá, nos Concellos de Viveiro, Outeiro de Rei, Portomarín, A Pontenova, Láncara, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Fonsagrada e O Incio.

Os maiores de Viveiro recibirán o día 26 de marzo os seus diplomas acreditativos, e nas vindeiras semanas entregaranse os derradeiros aos participantes dos concellos de Portomarín e O Incio. Os dos restantes municipios xa recibiron os documentos durante a xornada de portas abertas do Abertic Maiores, celebrada o pasado mes de febreiro. Todos os participantes están a recibir como recordo un DVD que recolle o making off da gravación realizada durante os obradoiros, nos que os maiores fan de entrevistadores e cámaras para rexistrar os seus propios relatos e anécdotas.

As TIC para envellecer activamente
Este é un dos programas gratuítos que ofrece a Deputación a maiores de 55 anos de todos os Concellos da provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo co emprego das novas tecnoloxías. A actuación enmárcase na liña de “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet