Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

23/01/2015

A webserie Haters xa está dispoñible na rede

hatershaters

Alumnos e titulados da Fundación TIC rodaron a primeira tempada de Haters cuxos tres capítulos xa están integramente dispoñibles en internet (http://www.webseriehaters.com).
-O proxecto, que comeza o seu percorrido polo principais festivais do sector, está preseleccionado para os Premios Mestre Mateo.

Un total de vinte alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC rodaron en Lugo a primeira tempada da webserie Haters, que xa está dispoñible na rede (http://www.webseriehaters.com).
O proxecto, escrito e dirixido por Miguel Barros, conta co apoio técnico da Fundación e o seu asesoramento durante o percorrido da webserie polos distintos concursos do sector.

Haters é unha comedia de situación dunha duración aproximada de 10 minutos por capítulo. Os seus principais protagonistas son dous amigos, Roi e Lucas, que intentan sobrevivir á sociedade actual. Non madurar é súa forma de protestar contra un estilo de vida que consideran absurdo. Cando quedan na rúa intentar vivir co seu colega Xavi, que convive coa súa moza Carla e a súa curmán Rosa.

Percorrido polos festivais
Haters, que xa está preseleccionada para a decimo terceira edición dos premios Mestre Mateo, comeza o seu percorrido polos principais concursos e festivais do sector audiovisual galego.

Entre eles destaca a súa participación no Carballo InterPlay e no Festival de Cans, que se celebrarán nos meses de abril e maio respectivamente.

http://www.webseriehaters.com


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet