Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

18/12/2014

Alumnos da Escola de Imaxe e Son gravan dous informativos de televisión como complemento á súa formación

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5752.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5763.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5764.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5770.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5775.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5781.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5783.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2196_D77K5786.JPG







-Os estudantes realizaron todas as tarefas necesarias para levar adiante dous espazos informativos de 20 minutos de duración cada un
- Trátase dunha práctica real máis que ofrece a TIC ós estudantes para vincular a súa formación ás demandas do sector audiovisual

Alumnos de segundo curso de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son, gravaron este xoves os informativos Recunchos e Pasatempos nas instalacións da Fundación TIC onde habitualmente realizan as súa formación práctica.

A gravación enmárcase na programación de prácticas conxuntas dos módulos de Procesos de Realización en Televisión e de Xestión de Proxectos de Televisión e Radio durante o primeiro trimestre do curso.
As tarefas dun programa informativo
O traballo consistiu na elaboración de dous informativos de televisión de 20 minutos de duración cada un, de carácter local e con contidos sobre ocio e cultura. Ademais das pezas de vídeo, Recunchos incluíu unha actuación musical en directo e Pasatempos, unha entrevista no plató.

Os alumnos dividiron as tarefas tendo en conta a súa especialización curricular. O equipo de Produción levou adiante os labores de produción, redacción e locución de las noticias; edición e presentación dos informativos. O equipo de Realización desenvolveu a gravación e montaxe das noticias; deseño e elaboración da liña gráfica (printers, créditos) e a realización en directo.
Formación adaptada ó sector
O proxecto educativo da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanza superior da rama audiovisual, ten como eixo fundamental a combinación de formación teórica e práctica en contextos e escenarios reais, o que permite vincular directamente a formación dos alumnos ás necesidades e esixencias das empresas do sector audiovisual. Deste xeito, dende o inicio da actividade da EIS, no ano 2003, máis de 290 alumnos cursaron os seus estudos de Produción e Realización.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet