Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

03/12/2014

Un grupo de maiores participa no taller de radio da TIC

  • archivos/fotos/grandes/2168_IMG_4655.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2168_IMG_4663.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2168_IMG_4685.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2168_IMG_4705.JPG







-O curso de dez horas inclúese no programa gratuíto de formación en TICs que o Centro de Innovación Social InLugo dirixe ás persoas maiores da provincia
-As sesións estanse a desenvolver no estudo de radio da Escola de Imaxe e Son, impartidas por un técnico e unha docente da EIS

Un grupo de lucenses asiste ó taller de radio que organiza a Fundación TIC, a través do Centro de Innovación Social InLugo, dentro do programa de formación en TICs dirixido ós maiores da provincia. O curso de dez horas de duración estase a desenvolver no estudo de radio no que os alumnos da Escola de Imaxe e Son realizan prácticas ó longo do ano.

Un técnico do InLugo e unha docente da EIS son os encargados de impartir o obradoiro, que permite ós participantes poñerse diante dos micrófonos e descubrir os segredos dunha emisión radiofónica.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet