Alumnos do IES Poeta Díaz de Castro de Guitiriz visitaron a Fundación TIC
Uns vinte estudantes de 1º de BAC, do IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, acompañados dos seus profesores e da alcaldesa deste municipio, Regina Polín, percorreron as instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.
A visita foi organizada como actividade complementaria da asignatura Tecnoloxías da Información e da Comunicación, que figura entre as optativas dos estudos de Bacharelato. Os alumnos seguiron con interese as explicacións sobre o traballo que desenvolven ós técnicos e docentes da Fundación TIC , no CPP.
No percorrido tiveron ocasión de coñecer os platós onde se graban programas que emiten as televisións locais, a unidade móbil que se utiliza nos desprazamentos pola provincia e os departamentos de redación, edición e arquivo.