Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

15/10/2014

A TIC presenta en Guitiriz a curta sobre a obra poética Nimbos na homenaxe a Díaz Castro

-A proxección do audiovisual tivo lugar nos Vilares, parroquia natal do poeta guitiricense e escenario da rodaxe do film que está interpretado por 7 veciños da zona
-Realizado por técnicos da Fundación, o proxecto amosa o funcionamento da imprenta tipográfica cunha Aldana dos 60 pertencente ó Centrad

A Patroa da Fundación TIC e Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este martes en Guitiriz a curtametraxe sobre a obra poética Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, dentro dos actos de homenaxe que organiza a Deputación á figura e obra do intelectual no ano no que se lle dedica o Día das Letras Galegas. A proxección do film tivo lugar no lugar do Vilariño (Os Vilares), parroquia natal do poeta que serviu de escenario para a rodaxe.

A curtametraxe, de título “A máquina tipográfica”, e realizada por técnicos da Fundación TIC, é un conto didáctico no que un avó lles explica ós seus netos o método de impresión que se empregou para publicar Nimbos, no 1961, a única obra de Díaz Castro. O avó está interpretado por José López Carballeira, veciño da vila; e nos papeis secundarios participan seis nenos e nenas guitiricenses.

Unha reliquia do Centrad, peza clave
A trama da curtametraxe desenvolvese ó redor dunha peza exclusiva que foi prestada polo Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, dependente da Deputación, e dirixido pola deputada provincial, Regina Polín. Trátase dunha máquina tipográfica modelo Aldana dos anos 60 que pertence o arquivo histórico e cultural do centro. Deste xeito, o audiovisual ten un carácter cento por cen lucense poñendo en valor o patrimonio da nosa provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet