A TIC colabora na difusión do 1º Festival Osa do Mar que se celebra en Burela o 12 e 13 de setembro.
Máis de 20 agrupacións de música alternativa actuarán no encontro organizado pola Asociación Fanto Fantini coa que a Fundación ten asinado un convenio de colaboración
A TIC contribuirá a súa promoción con reportaxes sobre o evento que terá lugar na zona da praia da Marosa e que inclúe un amplo programa de actividades deportivas e lúdicas
Alfredo Llano destacou “o apoio da TIC a iniciativas promovidas polo tecido asociativo e a prol do fomento cultural e turístico da provincia”
A TIC contribuirá á promoción do 1º Festival Osa do Mar que se celebra en Burela a fin de semana do 12 e 13 de setembro. Organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini, coa que a Fundación ten asinado un convenio de colaboración, o evento reunirá a máis de 20 agrupacións de musica alterativa e undergrand de Galicia, Asturias, Cataluña e Portugal e completarase cun amplo programa de actividades culturais e deportivas.
O Deputado do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, celebrou que “desde A Mariña se emprendan iniciativas coma esta, que enriquecen a oferta cultural e lúdica durante o verán e á que a TIC se suma dentro da súa aposta polo apoio ó tecido asociativo e á promoción da provincia. Neste caso, elaboraranse reportaxes sobre o festival para a súa difusión a través das redes sociais e de páxinas web”.
Alfredo Llano participou na presentación oficial do Festival este xoves na localidade mariñá, xunto ó Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antonio Veiga, o Alcalde de Burela, José María González Barcia, e o comité organizador, do que forma parte o alumno da Escola de Imaxe e Son, Adrián Canoura. O Deputado destacou o “esforzo levado a cabo por Fanto Fantini, unha asociación creada recentemente, que o organizou un programa de gran calidade”.
Programa alternativo e de calidade
O cartel do Festival Osa do Mar está composto polos seguintes grupos de Galicia, Asturias, Cataluña e Portugal: Acid Mess, Ataque Escampe, Batuko Tabanka, Cró!, Das Kapital, GramPoder, Guerrera, Killimanjaro, Los Septiembre, Moondogs Blues Party, Músculo, Orquesta Metamovida, Remakers, Rockatansky Brothers, Santa Rita, Sunday Morning Club, Skohlma, The Brosas, The Glockenwise, Triángulo de Amor Bizarro e Unicornibot.
Pero ademais o programa inclúe unha proba do campionato galego de surf, unha ruta en bicicleta de montaña, unha exhibición de graffiti e obradoiros de reciclaxe para nenos, entre outras actividades. Haberá acampada libre dentro do recinto festivo, na zona da Marosa, e frecuencia de horarios no transporte público que comunique o lugar co centro da vila
Prezo das entradas
O prezo das entradas será de seis euros en venta anticipada e de dez en taquilla para asistir unha soa xornada. Para os que acudan ós dous días o prazo será dez e de catorce euros, respectivamente. Toda a información sobre o festival está recollida na web da organización www.osadomar.com