Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

11/08/2014

A TIC súmase á homenaxe ó escritor Arcadio López Casanova organizada polos veciños do Páramo

-A Fundación TIC colabora na homenaxe ó académico lucense coa gravación íntegra do evento, que se recollerá nun DVD, e a elaboración dunha reportaxe para a súa difusión a través de internet
- Ó acto, ó que acudiu o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, rematou co descubrimento dunha escultura de Xesús Novo, o canteiro de Palas de Rei

A Fundación TIC sumouse este domingo á homenaxe que unha decena de asociacións de veciños da localidade lucense do Páramo renderon este domingo ó escritor Arcadio López Casanova, membro da Real Academia Galega dende 2013 e poeta moi vinculado ó Concello paramés.
A colaboración da TIC levouse acabo a través da gravación do acto íntegro para a súa posterior edición en soporte DVD e a elaboración dunha reportaxe que se difundirá a través de páxinas web culturais e de promoción da provincia e das redes sociais.
O acto, conducido pola actriz e directora de teatro Tareixa Campos, contou coa presenza de Xesús Alonso Montero, Presidente da Real Academia Galega, e de ReginaPolín, responsable do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, que tamén colabora na homenaxe,e rematou co descubrimento dunha escultura de Xesús Novo, canteiro de Palas de Rei.

O evento destacou pola emotividade do discurso que pronunciado polo homenaxeado e pola lectura dalgúns dos moitos poemas do académico dedicados ó Páramo.
Vida e obra vinculada ó Páramo
Arcadio López Casanova naceu en Lugo en 1942 e a súa infancia estivo ligada ó Concello do Páramo onde pasou a maior parte da súa infancia. Tras estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela comezou a impartir clases en cidades coma Lugo e Valencia, onde actualmente reside.
Autor de libros como ‘Tío Mingos: contos de Galicia’ ou ‘Palabra de honor’, nos que as referencias ó municipio son constantes, e membro da Real Academia Galega dende 2013. ‘As voces da máscara’ é o seu último poemario que se publicará o próximo mes de setembro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet