Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

09/06/2014

Alumnos da Escola de Imaxe e Son sorprenden ós lucenses na rúa cunha creativa campaña para promocionar o centro

  • archivos/fotos/grandes/1906_20140608_134732.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1906_20140608_134936 (1).jpg







-Os estudantes revolucionan a Praza Maior de Lugo poñendo en práctica a innovadora estratexia do marketing de guerrillas inspirada nun exitoso spot da TNT
-A simulación dun asasinato, un arresto ou o secuestro dunha muller foron algunhas das accións que se sucederon de forma inesperada
-A actividade inclúese no programa de prácticas da TIC enfocado a espertar o espirito emprendedor do alumnado coa realización dos seus propios proxectos

Os alumnos de primeiro de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS) sorprenderon este domingo ós lucenses na Praza Maior co Street-TIC, unha creativa campaña publicitaria para divulgar a actividade da Escola mediante a innovadora técnica do marketing de guerrillas. A idea xurdiu dos propios estudantes que, inspirados no spot da cadea de televisión americana TNT, chamada A dramaticsurprise in a quietsquaree que provocou un gran impacto mundial a través das redes sociais, puxeron en práctica está innovadora técnica de publicidade que, a diferenza dos métodos convencionais, xoga co factor sorpresa buscando a través do boca a boca e a un baixo custe económico a difusión da mensaxe.

Éxito de participación
Un gran botón vermello instalado na Praza Maior e un cartel en forma de frecha coa mensaxe “Atrévete a pulsar” foron os dous elementos cos que os alumnos da EIS incitaron á participación. A sorpresa chegouó soar un teléfono en metade da praza e activar todo un mecanismo de accións denominadas de guerillas, xa que suceden de forma repentina sen relación aparente entre elas. Algunhas destas accións foron a simulación do asasinato dunha persoa abatida desde a Casa Consistorial por un francotirador, o arrestodun homeou o secuestro dunha muller. Finalmente o espectáculo rematou co despregue desde o balcón do concello dunha lona co logo e o lema daEscola de Imaxe e Son da TIC, o único centro da provincia que imparte ensinanzas no eido do audiovisual.

Fomento do emprendemento
A actividade forma parte do programa de prácticas da Escola enfocado a ofrecer formación de calidade ós seus alumnos, atendendo as esixencias que marca o mercado laboral na actualidade. Deste xeito, a Fundación TICaposta por unha metodoloxía educativa de emprendemento na que o estudante sexa capaz de realizar os seus propios proxectos profesionais e poñelos en práctica en escenarios reais, tal e como fixeron con esta actividade publicitaria. O obxectivo é que gañen autonomía como futuros profesionais para que cando rematen a súa etapa formativa teñan maiores posibilidade laborais ás que optar nun sector como é o audiovisual en constante evolución.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet