Alumnos de 1º da Escola de Imaxe e Son rodan a curta Despierta co apoio da Fundación TIC
-A TIC titoriza o proceso de elaboración do proxecto dentro do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendora entre os alumnos e titulados da Escola
-A curta, que se gravará ata o vindeiro luns nas instalacións da EIS, aborda o tema do acoso escolar
Alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC comezaron este mércores a rodaxe da curta Despierta, na que colaboran os seus compañeiros de 1º de Realización. A TIC titoriza o proceso de elaboración do proxecto dentro do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos e titulados da EIS de cara a súa inserción laboral.
Despierta, que se gravará ata o vindeiro luns nas instalacións da Escola, abarca o tema do acoso escolar ou bullying. O director e guionista da curtametraxe é Pablo Naveira e o actor principal Mario López, ambos do Ciclo de Produción. Na figuración participan os seus compañeiros de clase.
Apoio ós alumnos emprendedores
O principal obxectivo da Fundación TIC é a inserción laboral dos seus alumnos. Para acadar este fin, aposta por un ensino de calidade baseado nas prácticas en escenarios reais. Dentro deste modelo formativo propio tamén fomenta a cultura emprendedora, apoiando proxectos dos alumnos e exalumnos. Entre os exemplos máis recentes, a rodaxe da curta Sara esta Semana Santa.