A TIC grava a I Exposición de Camelias de Lugo
camelia 1
camelia2
camelia3
camelia 4
camelia5
As cámaras da TIC percorreron o recinto feiral ateigado de público, para gravar unha reportaxe da festa declarada de Interese Turístico, que este ano pregoou o músico Carlos Núñez
-O traballo audiovisual cumpre un dos obxectivos principais da Fundación como é a promoción da provincia a través das actividades que organizan os Concellos
A Fundación TIC contribuíu á difusión da I Exposición de Camelias que tivo lugar este sábado, na praza de Abastos de Lugo, coa participación de 16 expositores chegados de toda Galicia. A idea partiu da Asociación do Mercado Municipal, co apoio da Asociación de Camelias de Galicia, para promover a praza de abastos lucense, e atraer turistas á cidade, no comezo da Semana Santa. Un equipo formado por profesionais e bolseiros da TIC realizou unha extensa reportaxe sobre a mostra, para a súa difusión en varios medios de comunicación, nas redes sociais, e na propia páxina web da Fundación.
Camelias únicas
As centos de persoas que se achegaron á praza de abastos puideron ver especies únicas, entre as múltiples variedades de camelias que se exhibiron na feira. A organización da I Exposición de Camelias contou coa achega da Deputación e do Concello de Lugo.
A capital da muralla sumouse á mais dunha vintena de cidades galegas que celebran unha mostra monográfica sobre a camelia, flor e arbusto orixinaria de China e O Xapón