A Fundación TIC acudiu un ano mais á Feira do Viño de Amandi de Sober
sober1
sober2
sober3
sober4
sober5
sober6
As cámaras da TIC percorreron o recinto feiral ateigado de público, para gravar unha reportaxe da festa declarada de Interese Turístico, que este ano pregoou o músico Carlos Núñez
O traballo audiovisual cumpre un dos obxectivos principais da Fundación como é a promoción da provincia a través das actividades que organizan os Concellos
A Fundación TIC acudiu un ano mais a Sober para gravar a Feira do Viño de Amandi, que celebrou a súa trixésimo cuarta edición. As cámaras da TIC percorreron o recinto feiral ateigado de público, co fin de realizar unha ampla reportaxe e colaborar na difusión da festa declarada de Interese Turístico. Co traballo audiovisual a TIC cumpre cun dos seus obxectivos principais, a promoción da provincia a través das actividades que organizan os Concellos.
Ademais do ambiente da festa, o vídeo recolle as opinións dos adegueiros da zona e dalgúns dos asistentes que se achegaron a Sober atraídos polos caldos e a paisaxe desta subzona da D.O. Ribeira Sacra. Entre eles, o pregoeiro deste ano, o músico vigués Carlos Núñez, considerado un dos mellores gaiteiros do mundo.