Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

27/02/2014

Alumnos da TIC e do IES Ollos Grandes colaboran na produción dun concurso televisivo de curtametraxes

  • archivos/fotos/grandes/1699_14499_748951778457435_1197528970_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_644158_748951785124101_324817058_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_988786_748951668457446_1992390166_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1544528_748951628457450_1743478306_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1654229_748951625124117_439749269_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1779282_748951528457460_83366700_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1780804_748951568457456_1414423578_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1782050_748951661790780_1832466494_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1796598_748951678457445_1699651151_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1796598_748951711790775_320283366_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1903988_748951635124116_617914960_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1920277_748951811790765_326462455_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1922520_748951548457458_2055254003_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1977077_748951708457442_45014889_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1979499_748951525124127_1154669039_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/1699_1982328_748951781790768_1352595769_n.jpg







Estudantes da ESO guionizaron e filmaron catro curtas dun minuto co apoio dos alumnos que este ano rematan os ciclos de Produción e Realización da EIS
A gravación do programa será o día 19 de marzo, nas instalacións da TIC, coa proxección das fitas, o making of e entrevistas en directo ós concursantes
A actividade, froito dun convenio entre a TIC e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, ten como fin dar a coñecer ós alumnos de secundaria o proceso de creación dunha obra audiovisual, e que vexan como se realiza un programa en directo

Alumnos do 2º curso de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC están a traballar na produción dun programa de televisión, no que participan estudantes de 4º da ESO do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Trátase dun talent show, titulado “Cinco e Acción”, no que catro grupos teñen que demostrar a súa capacidade para facer unha curtametraxe dun minuto de duración, sobre videoxogos, acoso escolar, redes sociais ou a amizade. Para gravar a fita, os concursantes podían utilizar un teléfono móbil ou unha cámara de fotos.

A iniciativa, froito dun convenio entre a Fundación TIC e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, ten por finalidade que os alumnos de secundaria do instituto coñezan o proceso de creación dunha obra audiovisual, e vexan como se realiza un programa de televisión en directo. Ademais, a actividade serve de práctica real para os estudantes que este ano rematan os seus estudos de Formación Profesional superior na Escola de Imaxe e Son. A gravación de “Cinco e Acción” terá lugar o vindeiro día 19 de marzo, no Centro de Produción de Programas da TIC, onde habitualmente realizan as súas prácticas ós alumnos da EIS.

Gravación das curtas
Profesores da Escola de Imaxe e Son impartiron, no instituto lugués, un obradoiro de “Iniciación á curtametraxe” con nocións básicas sobre escritura dun guión, linguaxe audiovisual e os documentos precisos para preparar unha película. Con esta base, os alumnos do IES organizaron os grupos para facer os guións literario e técnico, e comezaron a filmar a súa historia co apoio dos estudantes da EIS. As catro curtas proxectaranse ó día da gravación do programa, xunto ó making of do traballo que realizaron, e unha entrevista en directo a un representante de cada un dos grupos de concursantes.

Unha vez rematada a rodaxe, a TIC ofrécelles ós concursantes á posibilidade de levar a cabo a edición e montaxe da súa curta na Escola de Imaxe e Son, malia que tamén o poden facer cos seus propios medios. O resto de alumnos que colaborou nas rodaxes poderán participar como público, na gravación do programa.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet