O In Lugo amosou os trucos para triunfar cunha idea en internet
- Álvaro Santos entregou este mércores os diplomas os participantes no curso Márqueting de contidos
dixitais na era das TIC, nas súas modalidades online e semipresencial
- Os participantes iniciáronse no entorno dixital e poderán aproveitar as súas vantaxes para mellorar a
proxección comercial da súa empresa ou do seu currículum profesional
- O IN Lugo ofrece formación gratuíta en novas tecnoloxías para todos os públicos. A programación completa
pode consultarse na web www.inlugo.deputacionlugo.org
O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos Ramos, entregou este
mércores os diplomas ós 75 participantes no curso gratuíto de Márqueting de contidos dixitais na era das
TIC, organizado no In Lugo, o primeiro Centro de Innovación Social de Galicia, posto en marcha polo
organismo provincial.
O curso foi eminentemente práctico e ofrecéronse dúas modalidades, unha semipresencial que
contou con 25 participantes e outra completamente online que contou con 50 participantes. As
dúas versións tiveron un total de 150 horas de formación nas que os alumnos aprenderon a aplicar
estratexias de márqueting en Internet. Traballaron con exemplos reais de produtos e negocios para
os que tiveron que desenvolver unha adecuada promoción e publicidade en redes sociais, estratexias
de fidelización de clientes e analizaron as posibilidades de comercio electrónico. Deste xeito, os
participantes coñeceron as posibilidades de Internet e as vantaxes dun correcto posicionamento na
rede.
In Lugo, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia posto en marcha pola Deputación de Lugo, ofrece
formación gratuíta en novas tecnoloxías para todos os públicos, impulsando as o uso das TIC como
instrumento para a promoción da igualdade social, a mellora do benestar e a calidade de vida dos
cidadáns, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos. A súa oferta formativa, completamente
gratuíta, pode consultarse na web www.inlugo.deputacionlugo.org.