Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC

20/01/2014

A Fundación TIC realizou un vídeo conmemorativo do 25 aniversario da Asociación de Veciños de Esperante

  • archivos/fotos/grandes/Esperante2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/esperante 1.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Esperante 3.jpg







- Pilar García Porto asistiu á proxección do traballo audiovisual, que se fixo coincidir coa tradicional comida popular na honra de San Antón, no local social da agrupación á que pertence un cento de veciños
- O traballo elaborado por alumnos e bolseiros da EIS, co apoio do persoal técnico da TIC, fai un percorrido pola historia da asociación dende a súa creación ata a actualidade

A Deputada de Economía, Facenda e Recadación, Pilar García Porto, en compaña do presidente da Asociación de Veciños de Esperante, Ángel Rodríguez Abuín, e da presidenta da Asociación de Mulleres “A Casiña”, Mercedes Gómez Mouriz, participou este domingo na presentación dun vídeo conmemorativo do 25 aniversario da agrupación veciñal da parroquia lucense, que foi realizado por alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo, co apoio dos profesionais da Fundación TIC.
A proxección do traballo audiovisual levouse a cabo durante a tradicional comida popular na honra de San Antón, que se celebrou no local social da agrupación, á que pertence un cento de veciños.

Percorrido histórico pola parroquia
O vídeo recolle a historia da Asociación de Veciños de Esperante, da que forma parte a agrupación de mulleres da zona, que se fundou no mes de novembro de 1988 grazas á iniciativa dun grupo de veciños disposto a traballar a prol do desenvolvemento da parroquia.

A través dunha comparativa entre as imaxes actuais e as fotografías e documentos que gardan os veciños, a reportaxe realizada pola TIC amosa ás melloras acadadas neste cuarto de século en Esperante, tanto nas comunicacións entre os diferentes lugares e núcleos de poboación, coma co alumeado das pistas, ou mesmo coa restauración da Igrexa parroquial. Outro dos logros da asociación é dispor do local social onde tivo lugar a presentación do vídeo.

O apoio social da TIC
A Fundación TIC ten asinado un convenio de colaboración coa Asociación de Veciños de Esperante, que se engade ó mais dun centenar de agrupacións veciñais, ONGs, asociacións culturais e entidades deportivas para difundir as súas actividades mediante a realización de proxectos audiovisuais, na procura de complementar os coñecementos teóricos dos seus alumnos con numerosas prácticas profesionais, dirixidas a favorecer a súa integración no mundo laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet