Noticia da Fundación TIC: Curso gratuíto do In Lugo, no que os maiores exercitan a memoria coa Wii
Exercitar a memoria coa Wii
Unha decena de persoas maiores participan no curso Mantemos en forma o cerebro: estimulación cognitiva coa Wii, enmarcado na programación do In Lugo, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia, posto en marcha pola Deputación de Lugo.
Dende hoxe e ata mañá, de 16:30 a 18:30 horas, os participantes neste obradoiro gratuíto traballan coa Wii capacidades como a memoria, a percepción, a análise, o cálculo e a agudeza. Segundo os expertos, os xogos axeitados da videoconsola son unha excelente ferramenta para a estimulación cognitiva.
Este non será o único curso gratuíto destas características que ofreza a Deputación ós maiores dende o In Lugo. Segue aberto o prazo de solicitude en www.deputacionlugo.org para outros 2 obradoiros coa Wii e a Xbox, cos que mellorar a estimulación cognitiva, motriz e funcional.