Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Ticodiario

03/06/2013

Visita do EIS Gregorio Fernández de Sarria á Fundación TIC (31 MAYO 2013)

Imaxes dos alumnos do Gregorio Fernández de Sarria na Fundación TIC






Alumnos de Sarria do EIS Gregorio Fenández achegáronse ó Centro de Producción de Programas da Fundación TIC para coñecer como funciona o mundo audiovisual.



Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e postprodución de audiovisuais-, seguiron atentamente as explicacións do equipo técnico sobre e coñeceron polo miúdo as instalacións do Centro de Produción de Programas (CPP). e o laber que se realiza na da Escola de Imaxe e Son (EIS). Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do informativo posto en marcha polos alumnos da EIS e no que os mozos visitantes participaron facendo por un día de presentadores.

O programa de visitas lúdicas organizado pola Fundación TIC é unha iniciativa gratuita que pretende achegar os mozos lucenses ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet