Alumnos de Fingoi visitan a Fundación TIC
imagen de los alumos de Fingoi en la Fundación TIC
Alumnos de Fingoi achegáronse á Fundación TIC para coñecer como funciona o mundo audiovisual, como se traballa nunha productora de televisión e todo o material técnico dun plató e dun centro de realización.
Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e postprodución de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer polo miúdo as instalacións da Escola de Imaxe e Son (EIS) e do Centro de Produción de Programas (CPP). Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do informativo posto en marcha polos alumnos da EIS e no que os mozos visitantes participaron activamente.
O programa de visitas lúdicas organizado pola Fundación TIC é unha iniciativa gratuita que pretende achegar os mozos lucenses ás novas tecnoloxías dun xeito lúdico.