Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010

02/02/2010

O director Roberto Lolo gravará en Sarria unha nova curtametraxe coa colaboración da Fundación TIC

foto do director Roberto Lolofoto do director Roberto Lolo

O mago e director Roberto Lolo gravará en Sarria un corto titulado ‘Triste soledad de un violinista’, unha historia romántica, unha paréntese antes de volver ao xénero de terror que caracterizan os seus traballos como director.

A historia, duns 15 minutos de duración, está previsto que se rode integramente en Sarria na semana do 15 de febreiro.Do apartado técnico do filme ocuparanse alumnos da FUNDACIÓN TIC, que colabora neste proxecto ao igual que o concello de Sarria, aos que o director quixo amosarlles o seu agradecemento.

O filme, escrito, producido e dirixido por Lolo ten como protagonista á cantante extremeña Soraya, coñecida a raíz da súa participación no programa Operación Triunfo e candidato española o ano pasado ao Festival de Eurovisión, e ao actor Alberto Amarilla, protagonista das películas ‘El camino de los ingleses’ de Antonio Banderas e ‘Fuga de cerebros’, ademais do compoñente da orquesta Paris de Noia Marcos Valcárcel.

Segundo explicou o director sarriano, a curtametraxe recolle a historia dun violinista que se refuxia nunha casa para compoñer e cada vez que toca un tema unha misteriosa muller se lle aparece. É unha homenaxe do director ao mundo da música, así como un dos seus anteriores traballos ‘A la de tres’ foi dedicado a maxia.

Lolo dirixiu ata o de agora nove curtametraxes a primeira en 1997, ainda que a súa maioría foron rodades a partir de 2008, a última tamén rodada en Sarria este ano foi ‘El Clon’. Tamén participou en series televisivas como ‘Platos combinados’ y ‘La tira’ de la Sexta’, e formou parte dos equipos de varias películas como ‘A los que aman’, ‘Romasanta’ e ‘O ano da carracha’ e en v arias producións teatrais.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org