Alumnos da Fundación TIC gravan hoxe o IV Campionato de Barista da Rexión Noroeste SCAE de España
imaxes dos alumnos da Fundación TIC durante a gravación do concurso

A Fundación TIC, colabora na difusión dos campionatos de baristas que organiza o IES de Foz dende a súa primeira edición. Este ano, ó igual que nos anteriores, os alumnos do segundo curso dos ciclos de Produción e Realización da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC realizan a gravación íntegra de ambos os dous certames , onte o Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e hoxe o Campionato de Baristas Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) -, o que permite a reprodución simultánea das demostracións dos participantes nunha pantalla. Posteriormente, os estudantes da Escola de Imaxe editarán un DVD, que se entregará ós responsables do IES de Foz para divulgalos eventos.
O Campinato de Baristas Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Especiais) de España no que participarán 12 profesionais da hostalería de todo o país. O sinal de video realizado por os alumnos da TIC será emitido en directo na web de SCAE España mediante a sua difusión en streaming.
SEGUE O CAMPIONATO EN DIRECTO