Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2011

22/11/2011

A TIC gravou este sábado o Concerto de Outono que organiza a coral de voces brancas Cantar Delas

imaxe do concertoimaxe do concerto

A igrexa de San Pedro acolleu o concerto no que tamén participou a coral Polifónica do Hospital Xeral-Calde

Un equipo formado por bolseiros e profesionais da Fundación elaborará un DVD dentro do convenio asinado entre Cantar Delas e a TIC

A Fundación TIC gravou este sábado o Concerto de Outono que protagonizaron as corais “Cantar Delas” e “Polifónica do Hospital Xeral-Calde” na igrexa de San Pedro do Concello de Lugo. O encontro estivo organizado por “Cantar Delas”, o único coro de voces brancas da provincia e unha das 50 asociacións que ten asinado convenio de colaboración coa TIC para a difusión das súas actividades. A gravación correu a cargo dun equipo formado por bolseiros e profesionais da Fundación.

Dous coros, dous estilos As dúas corais que participaron no Concerto de Outono están dirixidas por Fernando Gómez Jácome. Na primeira parte actuou a “Polifónica do Hospital Xeral-Calde” que interpretou, entre outras pezas, “Quen poidera namorala”, “Habanera” de Gil de Alcalá e “Coro de escravos” da ópera Nabuco de Verdi. A continuación, “Cantar Delas” interpretou “Negra sombra” de Xoán Montes, “Ave María, OP.12” de Brahms ou “Das klinget so herrlich” de Mozart. O concerto rematou cas dúas agrupacións cantando conxutamentes “Barcarlole” de Offenbach.

Voces brancas O grupo coral Cantar Delas, o primeiro exclusivamente de mulleres que se creou en Lugo, naceu na primavera do ano 2007 a iniciativa do presidente da asociación, Julio Méndez, e do seu director, Fernando Gómez Jácome. A súa presentación ó público foi en marzo de 2008, na igrexa de San Pedro. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, amadriñou o concerto inaugural.
Dende entón, a asociación cultural celebrou en Lugo varios cursos de técnica vocal e numerosos concertos en colaboración con outros coros lucenses, do resto de Galicia e de Asturias. Na actualidade, a coral está integrada por 30 mulleres de diversas idades.

>A TIC ó servizo dos lucenses A Fundación TIC ten asinados 50 convenios con empresas tecnolóxicas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. O principal obxectivo destes acordos é proporcionar experiencia laboral ós alumnos e titulados da EIS, para que completen a súa formación e poidan acceder con máis facilidade a postos de traballo no sector audiovisual.

Entre as organizacións coas que colabora a Fundación TIC figuran ONG´s e asociacións culturais para apoiar o seu labor social e impulsar a inserción laboral de persoas con discapacidade e entidades deportivas que fomentan o deporte base, así como empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia. Este ano, a Fundación TIC incrementou en máis dun 400% os convenios asinados con colectivos da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet